Monday 06 de May de 2024

O Concello de Paderne ofrece axudas técnicas para persoas dependentes


O goberno local vén de mercar unha remesa de camas articuladas, colchóns antiescaras, guindastres e outros artículos para facilitar o día a día das persoas dependentes

 O prazo de entrega é dun día e os interesados xa poden cursar a súa solicitude nos servizos sociais comunitarios do Concello

O Concello de Paderne pon á disposición de todos os veciños e veciñas unha serie de materiais técnicos para as persoas dependentes que o precisen. A Deputación da Coruña financiou o 100% da compra destes artículos, que facilitarán o día a día e o coidado das persoas dependentes.

O lote inclúe camas articuladas eléctricas con carro elevador, guindastres de trans-ferencia, colchóns antiescaras, táboas de transferencia e cadeiras de ducha con ro-das e wc e de transferencia con wc.

O alcade, Sergio Platas, indica que “é un servizo moi necesario, xa que a adquisi-ción destes artículos non sempre está ao alcance de todo o mundo. Unha proba dis-to é a alta demanda que estamos tendo destes novos servizos, por exemplo, das camas articuladas. De tódalas que se mercaron non queda ningunha dispoñible, pois xa se entregaron a persoas que as necesitan.”

Según indica o rexedor, “unha das nosas prioridades como equipo de goberno é o de reforzar a aposta polas políticas sociais, coa intención de mellorar as condicións de vida da nosa veciñanza”.
Para garantir a autonomía persoal e a adaptación funcional do fogar o antes posi-ble, o prazo de entrega do material é dun día. Aqueles que precisen algún dos ser-vizos ofertados poden solicitalos presencialmente nos servizos sociais comunita-rios Concello.